Esta semana estamos de noraboa. O concello de Santiago de Compostela aprobou a modificación puntual do Plan de sectorización do SUNP-25 de Roxos, substituíndo así o uso hoteleiro que tiña o noso solo polo uso residencial, cunha reserva do 40% para vivenda protexida. Podedes ler a noticia completa na web do concello nesta ligazón: https://santiagodecompostela.gal/gl/noticias/modificacion-puntual-do-plan-de-sectorizacion-do-sunp-25-de-roxos-substitue-o-uso. Aproveitamos esa publicación para lembrarvos en que consiste o noso proxecto: <<Explicou que se trata dun modelo de acceso á vivenda en que unha cooperativa xestiona un conxunto de vivendas en todas as súas fases, a propiedade do edificio é colectiva e as vivendas poden ser utilizadas polas persoas socias indefinidamente ou durante un período determinado, normalmente cunha achega inicial de capital (recuperable en caso de abandono da cooperativa) e cotas mensuais de mantemento.>>

Desa noticia fixéronse eco distintos medios, entre eles La Voz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2026/11/25/ayuntamiento-santiago-anula-uso-hotelero-parcela-roxos-edificar-vivienda-colaborativa/00031795609188993825373.htm ou El Correo Gallego: https://www.elcorreogallego.es/santiago/2026/11/25/santiago-vivienda-colaborativa-roxos-urbanismo-136835451.html.

Este último medio, un día máis tarde, amplía a información explicando en que consiste o “cohousing” (que é o modelo que defende Alvariza). Recomendámosvos a lectura desta breve noticia, dispoñible aquí: https://www.elcorreogallego.es/santiago/2026/11/26/cohousing-llega-santiago-claves-modelo-residencia-vivienda-colaborativa-136859858.html, que trata de dar unha resposta básica ás seguintes cuestións:

  • Que é o ‘cohousing’?
  • Onde, e cando, nace este modelo?
  • Que vantaxes ten?
  • Cales son os seus inconvenientes?
  • Canto custa vivir nun ‘cohousing’?***
  • Cal é o seu grao de implantación?
  • En que se diferencia do ‘coliving’?

*** Sobre o custo estimado do “cohousing”, queremos facer constar que a información que aí figura é unha estimación media, que non tería por que corresponderse coas condicións que establecerá Alvariza.