Unha cooperativa de vivenda colaborativa, unha comunidade intencional e interxeracional baseada en compatibilizar o individual e o social a través da convivencia. Algo máis que unha urbanización na que prima a construcción. A nosa razón de ser son as persoas e o seu coidado.

Que é Alvariza

Calidez, privacidade, comunidade, tranquilidade, coidado mutuo, interxeracionalidade e sustentabilidade como soporte ao fogar

Somos unha comunidade interxeracional e sostible de 23 persoas moi variadas en gustos, perfís e profesións que colabora e comparte aberta a novas incorporacións. Os teus valores e necesidades contan na nosa comunidade.

Estamos a crear fogares colaborativos alcanzables economicamente que nos faciliten a vida, inclusivos para todo tipo de familias, parellas, “singles”,…

Misión e visión

Misión

A nosa misión é promover a solidariedade, a interxeracionalidade e o coidado mutuo dentro dunha comunidade colaborativa. Pretendemos ofrecer vivendas asequibles e sostibles, mellorar a calidade de vida dos nosos membros e contribuír positivamente ao medio ambiente.

Visión

Imaxinamos un mundo onde a paz, a solidariedade e a xustiza social sexan valores fundamentais. En Alvariza, queremos ser un exemplo de como a colaboración e a participación poden crear comunidades harmoniosas e diversas, capaces de integrar fórmulas creativas e xenerosas para a convivencia.

A nosa filosofía

Alvariza é un espazo de convivencia intencional, colaborativo, activo e participativo

Queremos construír unha comunidade de convivencia na que as persoas que a compoñen compartan un obxectivo común, crear un espazo no que tecer redes de apoio, de confianza, respecto e coidado entre iguais, buscando equilibrio entre os espazos e os tempos privados coas relacións e actividades colectivas.

Aberta á interacción coa contorna

Asentada en Santiago ou comarca, ben comunicada e con fácil acceso aos servizos. Integrada na contorna, tanto no aspecto material como no social, buscando a interacción coa comunidade próxima.

Modelo de vivenda

Non especulativo, funcional e alcanzable economicamente, en cesión de uso, onde a propiedade do dereito de uso e privada dos cooperativistas e o construído é propiedade colectiva da cooperativa.

Interxeracional

Porque cremos que unha comunidade que procura a inclusión mediante a conexión e a solidariedade entre xeracións diferentes será unha comunidade mais confiada e máis segura.

Sostible

Promoveremos unha construción sostible e un estilo de vida comunitaria coherente con este principio.

OS VALORES NO PROXECTO

A solidariedade

Entendida como medio de compensación social en situacións de desigualdade e relacionada coa rede de apoio e coidados que debemos construír e desenvolver no día a día.

Liberdade e igualdade

Alvariza é a unión de persoas libres e iguais en dereitos e dignidade, pero diversa ao mesmo tempo, harmonizar a convivencia de singularidades persoais será o noso obxectivo.

Igualdade entre xéneros

Entendemos que os roles de xénero forman parte da nosa cultura e da nosa educación, polo que, inconscientemente, as nosas accións e discursos poden vir impregnados de estereotipos de xénero. Comprometémonos a velar polos dereitos e as liberdades de homes e mulleres, nenas e nenos.

Espazos privados e comúns

Unha das principais vantaxes do xeito de vida colaborativo é que ao tempo que podemos dispor do noso espazo privado, podemos compartir espazos, servizos e actividades nos que dar tamén cabida a estancias de familiares e amizades.
Conxuntamente definiremos que espazos estarán abertos dentro da comunidade para a relación coa contorna.

Coidado e servizos

Como comunidade interxeracional asumimos que os coidados, propios e alleos, son unha parte esencial do noso xeito de vivir en comunidade, desde o inicio da vida ata o remate da mesma. Implicándonos nas relacións cotiás, creando recursos organizativos ou mesmo utilizando servizos externos cando sexa necesario.

Respecto

O noso compromiso é construír unha comunidade igualitaria nos seus dereitos, respectuosa nas súas diferenzas e integradora na súa diversidade.

Responsabilidade

Entendida como compromiso profundo e leal co proxecto, coa comunidade e cos seus valores, normas e obxectivos. Asumimos e aceptamos que o mesmo que a liberdade é tamén a do outro, a responsabilidade é sempre individual, non pode nin debe ser delegada noutros.

OS VALORES NA DINÁMICA

Promoción, construción e xestión propia

Entendemos a promoción propia como participación e control do grupo en todo o proceso (deseño do proxecto, das vivendas, dos espazos comúns, etc.…) o que significa que cada cooperativista participará activa e colaborativamente en cada unha das fases e tarefas que se precisan para elaborar o proxecto, promover a difusión do mesmo, a construción e finalmente a vida en común.

Organización horizontal

O estilo de organización será democrático e participativo, formando grupos ou comisións de traballo que permitan chegar a acordos despois de escoitar todas as voces. Con este fin optamos por adoptar a Sociocracia como método de toma de decisións por consentimento, baseado no compromiso e responsabilidade persoal, asumindo esta forma de organización e gobernanza.

A asemblea

É o espazo de encontro de todas as persoas asociadas e o foro onde serán oídas todas as opinións e propostas debatidas e aprobadas nos grupos. O funcionamento sociocrático permite que a asemblea sirva para poñer en común o remate do proceso validando a toma de decisións.

A negociación e a mediación na resolución de conflitos

Sabemos que os malestares e conflitos irán aparecendo, xa que forman parte da relación entre as persoas. Para prevelos e resolvelos co menor dano posible, dotarémonos de recursos na liña dos propostos pola Teoría da Comunicación Non Violenta e nos principios da mediación.

Este documento que chamamos “A nosa filosofía” ten carácter de contrato social entre individuos que van formar unha colectividade e, polo tanto, é vinculante para cada unha das persoas que forman parte dela.

Se estás interesado en formar parte do estilo de vida de Alvariza ou queres máis información sobre os noso proxecto de covivendas, non dubides en poñerte en contacto connos.

Asociarse

Política de Privacidade

10 + 3 =

Legal

Aviso Legal
Política de privacidade
Política de cookies

Menú

Inicio

Alvariza

Proxecto
Cohausing
Blogue

Contacto

(+34) 676 41 50 31

info@alvarizacolab.gal

Social