Queremos construir espazos privados e comúns amigables cos servizos necesario para favorecer a autonomía e a convivencia. A liberdade non é só poder ir e vir cando e a onde queiramos se non tamén ter onde querer voltar.
O noso proxecto
A colaboración é a clave do noso proxecto. Colaboración, negociación e busca de aliados cun só obxectivo, facer realidade a construción das nosas vivendas e organización dos servizos comúns necesarios integradas nunha comunidade que sen obrigar permita e favoreza a interrelación. Xuntos somos máis fortes fronte a entidades financeiras, administracións e os problemas da vida en xeral.
Unha comunidade de fogares sostibles en Santiago de Compostela
Farta de alugueiros abusivos en pisos nos que ni tan sequera coñeces a que debería ser a túa comunidade?
O noso proxecto ofrece ademais de servizos comúns destinados a mellorar a calidade da nosa vida vivendas en cesión de uso. Pretende crear unha comunidade intencional e interxeracional na que as vivendas sexan alcanzables economicamente e o coidado das persoas,
Lonxe da especulación e o negocio de promotores e inversores, Alvariza Colaborativas é unha cooperativa que ofrece a vivenda como un servizo mais aos seus socios para compartir a vida en comunidade colaborativa sen ánimo de lucro. En Santiago de Compostela.


A quen nos diriximos?
En Alvariza, dirixímonos a persoas que buscan algo máis que unha vivenda. Buscamos a aquelas persoas que queren formar parte dunha comunidade activa e solidaria. Os nosos principais grupos de interese inclúen:
Mozos e mozas profesionais
Persoas novas que buscan un estilo de vida sostible e colaborativo.
Familias Novas
Familias que desexan criar aos seus fillos nun entorno seguro e enriquecedor.
Poboación Maior
Persoas maiores que buscan compañía e apoio mutuo.
Activistas da Sustentabilidade
Persoas de todas as idades comprometidas co medio ambiente e prácticas de vida sostibles.


Obxectivos
- Actualizar a nosa entidade xurídica coa constitución dunha cooperativa.
- Dotar a Alvariza de asesoramiento técnico, xurídico, arquitectónico, económico,..
- Establecer un marco de colaboración con entidades públicas e privadas.
- Continuar coa divulgación do noso proxecto para ampliar a asociación e garantir a interxeracionalidade.
- Proporcionar formacións pertinentes e adestramento en relacións interpersoais, de crecemento individual e de convivencia.
- Garantir a solidariedade e o coidado mutuo atendendo á diversidade e ás necesidades específicas e ás propias de cada idade.
- Elaborar un regulamento de réxime interior que contemple un marco de convivencia flexible.
- Determinar os espazos necesarios para construír as vivendas colaborativas e conseguir os terreos máis adecuados.
- Cubrir as necesidades dos membros de Alvariza de maneira sostible e fomentar que os servizos e actividades garantan a convivencia, a saúde e o benestar.
- Integrar o noso proxecto na contorna coa intención de ofrecer e compartir recursos.
- Fomentar un consumo responsable para lograr unha comunidade sostible e respectuosa co medio ambiente.
- Garantir a integración de aliados, colaboradores e partes interesadas para materializar o proxecto Alvariza e contactar con outros proxectos afíns para beneficiarnos da aprendizaxe mutua.
- Dotarnos dunha organización e modelo de xestión sociocrático para lograr os nosos obxectivos.
Se estás interesado en formar parte do estilo de vida de Alvariza ou queres máis información sobre os noso proxecto de covivendas, non dubides en poñerte en contacto connos.
Asociarse


Legal
Menú
Inicio
Alvariza