O vindeiro sábado 24 de maio en Santiago de Compostela organizamos desde Alvariza unha xornada aberta baixo o título “Vivenda, conciliación e comunidade: experiencias reais”, co obxectivo de reflexionar colectivamente sobre formas alternativas de organizar a vida, a convivencia e os coidados.
A través da presentación de experiencias reais de vivenda colaborativa, falaremos sobre como estes modelos permiten conciliar mellor a vida persoal, familiar e comunitaria, e como poden ser unha resposta transformadora fronte aos retos actuais: a soidade non desexada, a falta de apoio mutuo, a dificultade de acceso á vivenda ou a precariedade dos coidados.
A xornada busca ser un espazo de encontro para quen teña interese no modelo de vivenda cooperativa en cesión de uso, a economía social, a conciliación, o urbanismo centrado nas persoas ou o coidado compartido como eixo de vida.
📍 Lugar: Espazo educativo e de lecer María Miramontes, barrio das Fontiñas, Santiago de Compostela
🕥 Hora: De 10:45 a 13:30 h
PROGRAMA:
10:45-11:00h –
Recepción de asistentes
1100-11:15h –
Presentación do evento
11:15- 11:50h –
Visualización do documental “EL TINGLADO”
11:50 – 12:40h –
Obradoiro cos nenos
12:00 – 12:15h –
Exposición de María Asunción Rodríguez Laso (Axuntase)
12:15-12:30h –
Presentación de Alvariza
12:30- 12:55h –
Dúbidas e debate
12:55- 13:15h –
Exposición dos debuxos, pinchos e conversa informal.
12:20- 12:25h –
Despedida.
Desde Alvariza convidámoste a achegarte, coñecer o noso proxecto e compartir esta reflexión colectiva sobre un xeito máis humano e sostible de vivir en comunidade.
✏️ Inscricións abertas:


Comentarios recentes