Os beneficios do coidado en familia e/ou comunidade e do contacto entre xeracións son unha evidencia cientifca que ademáis é cuantificable en canto a aforro presupostario destiñados a paliar os efectos negativos da soidade e do deterioro físico e cognitivo nas persoas maiores.
Os grupos semente e as agrupacións profesionais que forman parte do Grupo Galego de Vivenda Colaborativa valoramos positivamente que a Administración Autonómica comece a regular o fenómeno da vivenda colaborativa pero esta regulación, tal vez polo órgano do que emana, a Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, ten un marcado carácter asistencial deixando un amplío campo a interpretación da administración na súa aplicación o cal dificulta que as familias poidan autorganizarse para facer fronte a unha situación de dependencia sobrevivida.
Con afán colaborador e construtivo creemos que a orde do 10 de outubro de 2022 pode mellorarse nalgúns aspectos que pasamos a enumerar:
- En primeiro lugar xorden dubidas pola redacción da orde sobre se cando se fala de permitir o acceso de persoas menores de 55 anos estas teñen obrigatoriamente que compartir o mesmo espazo de uso privativo con maiores de 55 ou se pola contra refírese a compartir distinto espazo de uso privativo na mesma vivenda colaborativa. De ter que compartir a mesma unidade de convivencia non creemos que fomente nin a autonomía nin a intimidade de ningunha das dúas partes.
- En canto á inclusión da interxeracionalidade esta alternativa de fogar con cabida no ámbito dos servizos sociais pode materializarse a través de vivendas colaborativas, dotadas de servizos para a promoción dunha vida social activa e colaborativa, que contribuirán ao benestar das persoas paliando situacións do illamento social e soidade que sofre gran parte da poboación (O 24,5% dos fogares en Galicia son unipersoais). Na modalidade Interxeracional foméntase a saúde en todas as etapas vitais e atrásase a aparición da dependencia.
- En relación a interxeracionalidade consideramos que, tratándose dunha mesma Consellería, a Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica podería ter aproveitado a ocasión para introducir o papel das familias nesta Orde, máis tendo en conta os problemas demográficos os que se enfronta Galicia e que o modelo de microcohousing pode ser unha solución que permita a reagrupación familiar en circunstancias de dependencia sobrevida. Deste xeito facilitaríase que as familias puideran coidar os seus dependentes pero o límite do 50% fai imposible na práctica esta modalidade.
- O concepto de vivenda colaborativa caracterízase pola participación e autonomía das persoas cooperativistas fronte a outros modelos que parten da iniciativa do mercado. Entendemos que fronte a crise demográfica que sufre Galicia ambos modelos son compatibles e necesarios pero para iso deben recoñecerse as súas especificidades e necesidades. A Xunta debe saber da nosa dispoñibilidade e potencialidade para a atención as persoas maiores pero para que esa colaboración poida facerse realidade debe apoiar as iniciativas segundo modelo de colaboración público-cooperativo. Solicitamos pois que no futuro sexa obxecto de valoración para a concesión de axudas o grao de participación dos e das cooperativistas na cooperativa desde a fase de deseño ata a xestión do día a día como indicador de atención centrada na persoa.
- Aínda que entendemos como positivo que o profesional ao que fai referencia a orde poida ser unha das persoas integrantes do proxecto a Orde xéranos dúbidas sobre os seguintes puntos da redacción do artigo 8, sección B, apartado b: O recurso deberá contar cunha persoa responsable que deberá ter titulación universitaria e formación complementaria en dependencia, discapacidade, xeriatría, xerontoloxía…:
- Si a necesidade desta figura profesional é xenérica para todos os casos ou circunscríbese á existencia de persoas en situación de dependencia.
- Si existe un mínimo de horas obrigatorias de adicación desta persoa responsable, ou estas poden ser determinadas polas necesidades concretas da comunidade.
Comentarios recentes