A vivenda colaborativa interxeracional, cohousing interxeracional, chega a Santiago de Compostela e quere dar a coñecer as súas características

Dúas das oito iniciativas galegas, Alvariza. Colaborativas Compostela e SomosAmizar, aspiran a radicarse na contorna de Santiago

Hai palabras que responden a fenómenos sociais que veñen para quedar como é o caso da #vivendacolaborativa ou #cohousing, o modelo de vivenda que xurdiu no norte de Europa a mediados do século pasado e expandiuse por todo o mundo. Pero de que estamos falando cando falamos de vivenda colaborativa?

A grandes liñas o que inicialmente comezou sendo unha solución aos problemas derivados do envellecemento con proxectos tan novos no seu momento como Trabensol ou a Cooperativa Os Milagros foi crecendo e converténdose nunha ferramenta de economía colaborativa para enfrontarse aos problemas de acceso á vivenda, de illamento nas cidades e, en xeral, para conseguir un tipo de convivencia máis amable e respectuoso coas persoas e o medio ambiente.

Dúas das oito iniciativas galegas, Alvariza. Colaborativas Compostela e SomosAmizar, aspiran a radicarse na contorna de Santiago

A primeira terá lugar no local de “A troita Armada” dentro dos seus “Vide o venres” pero estamos abertos a realizar outras colaboracións.

Por mencionar algunhas das características da vivenda colaborativa das que falaremos:

  1. Son iniciativas de autopromoción sen ánimo especulativo que entenden a vivenda como ben de uso e non como investimento que se abaratan reducindo a parte construída de uso privativo de cada familia ou cooperativista en favor de espazos de uso común.
  2. Son iniciativas democráticas e participativas nas que a comunidade é quen toma todas as decisións desde o primeiro momento. 
  3. Son iniciativas centradas nas persoas onde o obxectivo é o benestar da comunidade e as persoas que a compoñen.
  4. Son iniciativas que tentan ser respectuosas coa comunidade na que se asentan e que están abertas a relación coa contorna.
  5. Son iniciativas que teñen moi en conta a sustentabilidade en sentido amplo, tanto económica como ambiental como socialmente.
  6. Son iniciativas que buscan a integración e a diversidade.

​Exemplos destacables de iniciativas en marcha ou en proceso de construción son EntrepatiosSostre Civic ou Koobizitza.

No noso caso, Alvariza, definímonos como modelo de vivenda colaborativa interxeracional que se alimenta do concepto de cesión de uso segundo o cal os cooperativistas son donos do dereito de uso tanto das súas vivendas privadas como dos espazos e servizos comúns sendo a propiedade do edificado da totalidade da cooperativa. Unha cooperativa que nos permite crear unha rede de coidado mútuo que facilite a conciliación ou necesidade de fogar propio dxs máis novxs e a de compañía e posta en valor da súa experiencia dxs maiores.

O centro de gravidade da nosa comunidade é a convivencia favorecida por un estilo de organización áxil, participativo e aberto para garantirnos a calidade de vida que merecemos.

Así que xa sabes, se formas parte dunha entidade pública ou privada e queres saber máis sobre a vivenda colaborativa ou cohousing podes poñerte en contacto con nós no correo alvarizacolab@gmail.com.